martes, 28 de febrero de 2017

Pintando o mural do entroido


Febreiro, o mes do amor



Parece ser que Cupido andivo polo cole disparando as súas frechas, e deixounos un agasallo na biblioteca para todos-as  os de 1ºA, un fermoso libro da escritora Yolanda Castaño que Lía nos trouxo á aula. Quen queira levalo á casa para lelo pode facelo. Grazas Cupido

Na casa dos peixes


     Facendo unha fila para entrar no acuario. 
                                             
Vendo ás nove focas femias.

Así de contentos marchamos para A Coruña.







Biblioteca: Actividade do alumnado de 6º. Representación do conto " A princesa Laca"




Programación para a celebración do Entroido

ENTROIDO 2017

VENRES, 24 DE FEBREIRO



COMEDOR
HORARIO E SISTEMA HABITUAIS
Será atendido a partir das 14 h 30 min. Hora de remate: ás 17 h.

 
Programa de man

12:15:
Saída desde o colexio. Entrada a Ximnasio da Escola de Maxisterio
ITINERARIO: Saída por Patio de Columnas – Avda. Xoán XXIII – Escola de Maxisterio
Desfile: comezan infantil e logo primaria en orde decrecente, desde 6º ata 1º de primaria.
Desfile de comparsas. Danzas  escenificacións...

INFANTIL: TERÁ UNHA ACTUACIÓN PARA PAIS E NAIS A PARTIR DAS 12 H 15 no PATIO DE COLUMNAS OU PATIO ACRISTALADO


IMPORTANTE
Todo o alumnado do colexio fará un pasarrúas no patio de columnas para pais, nais e familias, logo o alumnado de primaria sairá para o ximnasio da Facultade de Educación.
Por razóns de espazo,e organización  lamentabelmente ningún dos números poderá ser para pais e nais, só para alumnado.


14.30: Hora de saída do Colexio
Orde de actuacións de comparsas e parrandas:
INFANTIL “TRASNOS DO BOSQUE”
3 ANOS A: Comparsa: As formigas
3 ANOS B: Comparsa: As formigas
4 ANOS A: Comparsa: Os raposos
4 ANOS B: Comparsa: Os raposos
5 ANOS A: Comparsa: Os cans
5 ANOS B: Comparsa: Os cans
5 ANOS C: Comparsa: Os cans

Desfile: Todos xuntos e ben coordenados.

1º CURSO:  Pedro e o lobo
2º CURSO: As gaivotas e o faro
3º A e 3º B: O raposo e as uvas
4º A e 4ºB :  Sereas e Neptunos
5º A: Comparsa: A Santa Compaña
5º B: Comparsa: A Santa Compaña
6ºA E 6ºB : Comparsa: Mitos modernos

Desfile e danza



ADVERTENCIA: CALZADO... É obrigatorio levar un calzado tipo deportivo (tenis, etc....) de sola de goma branda...
PROHIBICIÓN: Quedan prohibidos os confetti, sprays de neve...

viernes, 20 de enero de 2017

Visita á "Casa dos peixes" en A Coruña

Nesta avaliación estudiaremos a vida dos animais, como  son, como se alimentan, como se reproducen e outras máis curiosidades destes seres vivos. Tamén faremos unha saída escolar ao Acuario ou casa dos peixes en A Coruña. Será o venres día 3 de febreiro.
Alí poderemos ver entre outras a sala Nautilus que con un decorado que  recrea o submarino do capitán Nemo, cunha músic composta para esta sala, con miles de peixes de 50 especies diferentes que nadan ao noso arredor. Tiburóns toro águias mariñas, meros ou rodaballos viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.